O REXISTRO LABORAL DOS EMPREGADOS DE FOGAR

 

Recentemente, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) pronunciouse sobre a obligatoriedade para os empleadores domésticos de establecer un sistema de rexistro de xornada diaria dos seus empregados, o que marca un cambio significativo no sector do emprego no fogar en España.

O que se busca coa implementación deste sistema é equiparar a este colectivo con outros sectores laboráis en canto a dereitos e obrigacións e que, os empregados de fogar –maioritariamente mulleres-, poidan acreditar as horas que adican á realización das súas función, blindar a súa protección laboral e, no caso de existir un despido, poder reclamar os seus dereitos.

O Tribunal pronunciouse neste sentido, no caso dunha empregada que foi despedida pola súa empleadora doméstica, procedendo a impugnar esta o despido, pronunciándose a xustiza española, concretamente o Xuzgado do Social nº2 de Bilbao, estimando parcialmente a demanda,  considerando que a traballadora non había probado as horas traballadas nin tampouco os salarios que reclamaba por haber traballado a tempo completo, esgrimindo como argumento a falta de aportación por parte dos seus empleadores dos rexistros das horas que realizaba.

O Maxistrado, sentencia que a traballadora non pode fundamentar a demanda na falta de aportación dos rexistros, respaldando o seu argumento en que, a normativa española exime a determinados empleadores, entre os que se atopa o sector do fogar familiar, da obligación de rexistrar a xornada laboral dos seus empregados.

Sen embargo o Tribunal Europeo, recalca que xa no ano 2019 declarou ilegal a norma española entonces vixente e a interpretación dos órganos xudiciáis. Busca con este pronunciamento evitar que os empregados deste sector se vexan privados de determinar dunha maneira obxetiva e fiable o número de horas de traballo, e asimesmo, evitar que se den situacións discriminatorias, tendo en conta que este sector se atopa feminizado e, o feito de que a exención non esté obxetivamente xustificada, pode derivar indirectamente nunha situación de discriminación.

Non obstante, o Tribunal considera que este sector presenta particularidades e que poden establecerse certas excepcións no relativo a horas extraordinarias ou a parcialidades de xornada, pero que en todo caso se debe garantir e regular o cómputo de horas realizadas.

Todo isto xurde nun momento en que o Ministerio de Traballo –en fase de anteproxecto-, propuxera que a inspección de traballo tivera acceso remoto aos sistemas de rexistro laboral das empresas, polo que todo apunta a que se persegue a implementación de medidas que eviten o fraude respecto á realidade das xornadas de traballo e un maior control, garantindo á súa vez á desconexión dixital dos traballadores.

Ainda pendente de aprobación polo Consello de Ministros, prevese o endurecemento das sancións ante o incumprimento desta obriga laboral, oscilando as sancións na súa cuantía mínima entre 1.000 e 2000 euros; de 2.001 a 5.000 no seu grao medio e, entre 5.0001 e 10.000, na súa cuantía máxima. Ademáis, a sanción aplicará por cada traballador/a e non por empresa, esto é, si a empresa incumpre respecto ao rexistro de xornada de 10 traballadores, terá dez sancións, unha por cada un dos traballadores

Comparte este artículo en tus redes
Toll Free
1-885-245-45635
New York
1-455-245-45623
Toronto
1-657-544-45623