¿A qué permisos teño dereito como traballador/a?

O pasado 30 de xuño entrou en vigor o Real Decreto Lei 5/2023, que introduce novas medidas no ámbito laboral entre as que destacan os novos permisos retribuidos, o reforzo da conciliación familiar, a adaptación da xornada laboral ou a ampliación de dereitos ás parellas de feito.

Esta nova normativa é unha transposición da Directiva Comunitaria UE 2019/1158 de xuño de 2019, relativa á conciliación da vida familiar e profesional, que ten implicacións no Estatuto dos Traballadores/as, no Estatuto Básico do Empregado/a público/a e na Lei de Xurisdicción Social.

Entre os cambios que este Decreto incorpora, destacan:

  • Novos dereitos para as parellas de feito: os dereitos de conciliación familiar para o coidado de familiares por razón de idade ou enfermidade, amplíanse ás parellas de feito e ao familiar por consanguinidad da parella. Ademáis, a excedencia de duración non superior a dous anos por coidado de fillos ou familiares, concédese tamén ao coidado da parella de feito ou do seu familiar consanguíneo.
  • Adaptación da xornada laboral: a mesma amplíase a aquelas persoas traballadoras que deban encargarse do coidado dos fillos e fillas menores de 12 anos, o cónxuxe ou parella de feito e familiares por consanguinidad ata o segundo grao.

Respecto á xornada, incorpora a norma a reducción do prazo de negociación da adaptación da xornada laboral entre o empregado/a e a empresa a 15 días que, en caso de non existir oposición por parte desta última, entenderase concedido.

  • Ampliación de permisos: contemplándose 15 días naturais por matrimonio ou no caso de rexistro de parella de feito; 5 días por accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención quirúrxica sin hospitalización que requira reposo domiciliario, do cónxuxe, parella de feito, parentes ata o segundo grao de consanguinidad ou afinidade, incluido o familiar consanguíneo da parella de feito, así como calquera outra persoa que conviva coa persoa traballadora no mesmo domicilio e requira o seu coidado; 2 días por falecemento do cónxuxe ou parella de feito ou parentes ata o segundo grao. Se fora necesario desprazamento, concederíanse 2 días máis; 4 días para ausentarse do traballo por causa de forza maior, cando sexa necesario por motivos familiares urxentes (accidente, enfermidade…) Estas horas de ausencia deben de ser retribuidas sempre que non sobrepasen 4 días/ano, de acordo ao establecido no convenio de aplicación ou no acordo entre empresa e representación legal dos traballadores/as.
  • Novo permiso parental de 8 semanas, non retribuido: a nova normativa establece que as persoas traballadoras terán dereito a un permiso parental de un máximo de 8 semanas, continuas ou discontinuas, para o coidado de filla, fillo ou menor acollido por tempo superior a un ano, ata o momento en que o menor cumpra 8 anos. É un dereito individual que non pode transferirse entre proxenitores e por regla xeral debe comunicarse á empresa o inicio e fin, cunha antelación de 10 días, salvo forza maior. O contrato de traballo poderá verse suspendido polo disfrute deste permiso

 

A empresa debe conceder os permisos retribuidos mencionados anteriormente, sempre e cando medie preaviso e xustificación posterior por parte da persoa traballadora A norma está configurada para mellorar a conciliación e vida familiar das persoas traballadoras, buscando o equilibrio e encaixe na organización das empresas.

Comparte este artículo en tus redes
Toll Free
1-885-245-45635
New York
1-455-245-45623
Toronto
1-657-544-45623