A empresa motiva o despido do traballador alegando que se había descuberto que este mentiu sobre a súa experiencia laboral no seu curriculum cando foi contratado pola mercantil.
Dentro das reglas do proceso de selección para acceder ao posto de traballo, contemplábase a de aportar xunto con curriculum vitae, informe de vida laboral para corroborar a información, unha vez que fora contratado.
O único argumento utilizado pola empresa para proceder ao despido disciplinario do traballador foi que se había descuberto información falsa sobre a experiencia laboral, desviando así a empresa o uso dos datos aportados polo traballador, xa que este, aportou dito informe laboral, como requisito do proceso de selección unha vez que foi contratado, pero en ningún caso para fins de investigación ou réxime disciplinario, resultando así ilícito o uso de ditos datos por parte da empresa e vulnerando o seu dereito fundamental á protección de datos (Art. 18.4 da Constitución Española), alegando esta transgresión da boa fe contractual por parte do traballador.
É relevante que dito despido se produce tres meses despois de que o traballador fora contratado, habendo tido tempo suficiente o departamento de recursos humanos de verificar e cotexar a información aportada polo traballador e a que constaba no seu curriculum vitae. Na carta de despido, non constaba ningunha outra causa, salvo a exposta anteriormente, non facendo alusión a ningunha conducta que poida ter encaixe nas previtas para o despido disciplinario contempladas no artigo 54 do Estatuto dos Traballadores (ET).
Nun primeiro momento, o Xuzgado nº2 de Palencia, pronúnciase sobre estos feitos, considerando procedente dito despido e dando a razón por tanto á empresa. O traballador, recurre en Suplicación dito fallo solicitando a nulidade do despido, entendendo que se vulneraron os seus dereitos fundamentáis.
Pronúnciase así o Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León, na súa Sentencia de 19 de abril de 2024, nº recurso 1832/2023, declarando o despido improcedente de acordo co artigo 55.4 ET e o artigo 108 da Lei Reguladora da Xurisdicción Social e non nulo, como solicitaba o demandante.
Non se pode confundir o despedimento causado pola vulneración de dereitos fundamentais coa vulneración de dereitos fundamentais para obter a proba dos feitos nos que se baseou o empresario para adoptar tal sanción, que é o que aquí aconteceu, na que a empresa ao intentar verificar o comportamento do seu empregado e obter a proba do seu incumprimento para tratar de xustificar o seu despedimento, obtivo ou utilizou de forma ilícita tal proba en violación dos dereitos fundamentais.
Recordar que as consecuencias inherentes á declaración dun despido improcedente son, á elección da empresa, no prazo de 5 días, entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións laboráis nas que viña estando previamente ao despido ou ben, aboarlle a indemnización correspondente a 33 días por ano traballado, entedéndose que a empresa opta pola primeira opción no caso de que non se pronuncie no prazo dos 5 días.