¿Qué sucede se alcanzo a idade de xubilación cobrando unha incapacidade permanente?

En España e, según os últimos datos aportados polo Instituto Nacional da Seguridade
Social, hai 948.476 persoas beneficiarias dunha pensión de incapacidade permanente.
Moitas destas persoas, ao acercarse a idade ordinaria de xubilación, pregúntanse qué
pasa coa pensión de incapacidade permanente que viñan percibindo.
O primeiro que debemos de ter en conta é, que salvo algunhas excepcións, a pensión de
incapacidade permanente é incompatible coa pensión de xubilación. Isto non quere decir
que ao chegar á idade de retiro profesional se perda o dereito á pensión, senon que
soamente é posible cobrar unha delas sempre que se atopen baixo o mesmo réxime.
A persoa beneficiaria da pensión de incapacidade permanente cando chega á idade legal
de xubilación, deberá optar por continuar percibindo a prestación de incapacidade
producíndose un cambio de denominación da pensión sen afectar ás condicións da
mesma, salvo que a incapacidade derivase de enfermidade profesional ou accidente
laboral, supostos nos que o número de pagas son 12, pasando a 14 no momento da
conversión a pensión, ou ben, a persoa beneficiaria poderá optar pola pensión de
xubilación, que se cumpre os requisitos de cotización, será probablemente máis
favorable. Neste segundo caso, realizarase por parte da Seguridade Social un recálculo
da prestación tendo en conta todas as cotizacións do beneficiario/a, incluidas as que no
seu momento se empregaron para o cálculo da pensión de incapacidade permanente que
viña percibindo e que, a partir deste momento, se extingue.
Existe un suposto de compatibilidade da pensión de incapacidade permanente e pensión
de xubilación en rexímenes distintos. Iste é o caso da pluriactividade, cando se cotiza en
dous rexímenes diferentes ao mesmo tempo (por exemplo no réxime xeral como
traballador/a por conta allea e no réxime de autónomo, como traballador/a por conta
propia) .Deberá de terse en conta que non será posible a compatibilidade entre duas
pensións, cando para calcular a pensión de incapacidade permanente se tiveron en conta
as cotizacións dos dous rexímenes, esto é, si para xerar o dereito á pensión de
incapacidade permanente houbo que acudir ao réxime onde ahora se pretende obter a
pensión de xubilación. Neste caso haberá que optar por unha delas.
Se as cotizacións do réxime polo que se recoñece a xubilación serviron únicamente para
cuantificar o importe da incapacidade permanente, pero pódese prescindir de ditas
cotizacións e se mantén o dereito á incapacidade permanente, terase dereito a ambas.
Neste suposto cada unha das pensións calcularase coas cotizacións de cada un dos
rexímenes nos que se cotizou, sendo necesario así, recalcular a pensión de incapacidade
permanente.
En todo caso, o sistema de pensións está configurado para dar cobertura ao seus
beneficiarios en calquera destas situación.

Comparte este artículo en tus redes
Toll Free
1-885-245-45635
New York
1-455-245-45623
Toronto
1-657-544-45623