A xubilación parcial é unha modalidade de xubilación que se inicia unha vez superada a idade de 60 anos e que é simultanea cun contrato de traballo a tempo parcial e pode estar vinculada a un contrato de traballo de relevo celebrado cun traballador ou traballadora que se atope en situación de desemprego ou que teña concertado coa empresa un contrato temporal. Tamén pode darse a posibilidade de que non exista contrato de relevo, cambiando así algúns dos requisitos.
A xubilación parcial, permite que se reduzca a xornada laboral, coa consecuente baixada de salario e a maiores, se lle sume un porcentaxe da pensión de xubilación.
Accederán a esta modalidade de xubilación, os traballadores e traballadoras por conta allea, con independencia do réxime da Seguridade Social no que se atopen, os socios/as traballadores/as ou de traballo das cooperativas, que teñan a idade de 60 anos cumpridos e que reúnan os requisitos esixidos para ter dereito á pensión de xubilación contributiva da Seguridade Social.
Dentro desta modalidade de xubilación, existen duas posibilidades. A primeira, sería a xubilación parcial sin contrato de relevo, na que se esixe a idade ordinaria de xubilación e que exista un período mínimo de cotización da persoa interesada de quince anos, dos cales dous, deberán estar incluidos dentro dos quince anos anteriores ao feito causante.
A reducción da xornada da persona traballadora interesada, estará comprendida entre un mínimo dun 25% e un máximo do 50% e o contrato poderá ser a xornada completa ou parcial, sin esixirse antigüidade na empresa.
A segunda posibilidade é a xubilación parcial con contrato de relevo, podendo acceder a esta modalidade únicamente os traballadores/as que están contratados a xornada completa. Deberá de celebrarse simultáneamente un contrato de relevo.
En canto ás cotizacións, esíxese unha cotización mínima de 33 anos, a excepción de si o traballador ou traballadora presenta discapacidade igual ou superior ao 33%, reducíndose a cotización a 25 anos.
Ademáis, outro dos requisitos é que o traballador ou traballadora houbera desenvolto durante os últimos seis anos a súa actividade laboral na mesma empresa que lle concederá a xubilación parcial. A diferencia coa xubilación parcial sen contrato de relevo, nesta modalidade sí se esixe antigüidade na empresa.
A reducción da xornada neste caso, será de mínimo un 25% e máximo un 50%, podendo aumentar ate un 75% se o contrato é a xornada completa e de duración indefinida. E, a maiores, haberá que ter en conta o cumprimento da idade mínima, sendo necesario diferenciar entre aqueles traballadores/as que teñen condición de mutualistas e aqueles que non. Os mutualistas poderán solicitar esta modalidade de xubilación (cumprindo o resto de requisitos) á idade de 60 anos.
Para aqueles traballadores/as que non teñan a condición de mutualistas, o requisito da idade, requerirase en función dos anos cotizados. Para aqueles que teñan 33 anos cotizados, poderán solicitar a xubilación parcial aos 63 anos e 8 meses e, no caso de ter 35 anos e 9 meses cotizados ou máis, poden solicitada aos 62 anos e catro meses.
Para poder optar a este tipo de xubilación, o primeiro paso é poñelo en coñecemento da empresa, chegar a acordo con esta e, posteriormente facer os trámites necesarios ante o INSS cunha antelación máxima de 3 meses.