O artigo 786.1 da Lei de Enxuiciamento Criminal, LECrim, dispón que a celebración do xuizo oral require preceptivamente da presencia do acusado, sen embargo, existen diversas excepcións que permiten que o xuizo poda levarse a cabo aínda coa ausencia da persoa acusada.
A regla xeral é que a celebración do xuizo oral requiere da asistencia do acusado, dando así cumplimento ao principio de audiencia, en virtude do cal, ninguén pode ser condenado sin ser oído e vencido en xuizo; implica dar ás partes a oportunidade de intervir no proceso. O Tribunal Supremo alude a este principio, entre outras, na sentenza n.º 609/2019, de 11 de decembro.
Cando, o día da celebración do xuizo, a persoa acusada non comparece, a nosa lexislación ofrece distintas solucións, en función de si se trata dun delito leve (para os cales o Código Penal contempla unha pena leve, sendo as máis habituais, a multa de ata tres meses, localización permanente de un día a tres meses ou os traballos en beneficio da comunidade de un a trinta días), ou dun procedemento abreviado (penas inferiores a 9 anos de prisión), diferenciando ademáis neste caso, de si se trata dun acusado a unha pena inferior a dous anos de prisión ou unha pena superior.
En primeiro lugar, para o caso dos delitos leves recolle a LECrim que cando o acusado se encontre debidamente citado, a súa ausencia inxustificada non suspenderá a celebración do xuizo, coa excepción para aqueles supostos nos que o xuiz/a considere necesaria a súa declaración, ben de oficio ou a instancia de parte (art. 971 de la LECrim).
En segundo lugar, para os procedementos abreviados, o artigo 786.1 da LECrim, parte da premisa de que “La celebración del juicio oral requiere preceptivamente la asistencia del acusado y del abogado defensor […]”.
Diferenciando aqueles supostos nos que a pena solicitada non exceda de dous anos de privación de liberdade (ou si fora de distinta natureza, cando non exceda de seis anos), en cuxo caso a ausencia inxustificada do acusado que houbera sido citado correctamente, non será causa de suspensión do xuizo oral si o xuiz/a o tribunal estima que existen elementos suficientes para o seu enxuiciamento, e sempre a solicitude de alguna das acusacións, Ministerio Fiscal ou acusación particular e, unha vez oída á defensa (abogado/a da persoa acusada), quen, indudablemente, podrá opoñerse á celebración e solicitar a suspensión, nova citación e sinalamento de nova data de xuizo.
Debido ao carácter garantista do proceso penal, cando a pena supere os dous anos de privación de liberdade, ou seis anos si se trata de penas de outra natureza, non podrá celebrarse en ausencia do acusado e deberase, por tanto, procederse á suspensión do xuizo, eso sí, puidéndose ditar orde de detención para asegurar a presencia da persoa acusada na seguiente data de celebración do xuizo.