Notificacións no procedemento monitorio

O proceso monitorio, regulado nos artigos 812 e ss. da Lei de Enxuizamento Civil (LEC), é un procedemento especial con certa natureza executiva que permite reclamar as débedas en diñeiro líquidas, vencidas, esixibles e determinadas. Para a súa admisión debe acompañarse documentación que acredite a débeda (facturas, notas de entrega, certificacións de impago, etc.) Unha vez admitida a demanda, o órgano xudicial debe notificar ao debedor o requirimento do pago no domicilio indicado polo acredor.

A norma esixe unha notificación persoal ao debedor, descartando de forma xeral o uso da comunicación por edictos. Se non se lograse localizar ao demandado no domicilio aportado, o Letrado da Administración de Xustiza pode ordenar indagacións (arts. 155 e 156 LEC), e si se localiza outro domicilio dentro do mesmo partido xudicial, intentarase a notificación alí. Pero si o novo domicilio pertence a outro partido xudicial, ou si as indagacións resultan infrutuosas, o artigo 813 LEC impón a terminación do proceso co arquivo das actuacións e devolución da documentación ao demandante, o que poderá acudir ao correspondente procedemento declarativo.

A imposibilidade de acudir a edictos no proceso monitorio xerou un debate doutrinal, especialmente pola remisión do art. 815.1 LEC ao 161 LEC. Sen embargo, tanto a doutrina maioritaria como a xurisprudencia constitucional coinciden en que a remisión non permite aplicar o artigo 164 LEC, que regula a comunicación por edictos, salvo nos supostos onde estea expresamente prevista.

Unha excepción clara é a do artigo 815.2 LEC, que permite a notificación por edictos en procedementos onde se reclamen débedas por impago de cotas en comunidades de propietarios. Nestes casos, pode usarse soamente tras esgotar todos os medios razoables para localizar ao debedor.

O Tribunal Constitucional ten reiterado que a comunicación por edictos debe aplicarse de forma restritiva, pois pode vulnerar o dereito da defensa do demandado (art. 24 CE), afectando aos principios de contradición, audiencia e igualdade de armas. Incluso cando a lei permite expresamente esta vía, esíxese ao órgano xudicial realizar todas as dilixencias posibles para localizar ao demandado antes de acudir a edictos, recorrendo a rexistros públicos e organismos oficiais (art. 164.1 LEC).

En procedementos declarativos ordinarios, á diferencia do monitorio, si cabe a comunicación por edictos como último recurso tras esgotar os medios para localizar ao demandado (posibilidade igualmente subsidiaria e suxeita a control rigoroso para evitar nulidades procesuais). Por iso, no caso de non coñecer o domicilio do demandado, ou no caso de que nos arquiven unha solicitude inicial de monitorio, sempre quedará esta vía aberta para poder exercer o noso dereito de cobro.

En definitiva, a natureza do proceso monitorio, que permite abrir execución en caso de inactividade do demandado, esixe garantías estritas. Por elo, a comunicación por edictos está excluída salvo en casos expresamente contemplados pola lei, como os impagos en comunidades de propietarios. Esta restrición responde á necesidade de evitar que o debedor sexa executado sen ter coñecemento real do proceso, o que suporía unha grave mingua do dereito á tutela xudicial efectiva.

Comparte este artículo en tus redes
Toll Free
1-885-245-45635
New York
1-455-245-45623
Toronto
1-657-544-45623
Resumen de privacidad

RESPONSABLE 

ARIAS AVOGADOS, S.C.

N.I.F.: J-42.739.680

Dirección: Rúa Concordia, nº1, Entlo A-B, 32003, Ourense.

Teléfono: 988 609 224

Correo Electrónico: [email protected]

FINALIDAD

ARIAS AVOGADOS, S.C. tratará los datos de sus clientes/usuarios con la finalidad de incorporarlos al sistema de tratamiento del que es responsable y llevar a cabo la prestación de los servicios propios de un despacho de abogados.

-No existirán decisiones automatizadas ni se elaborarán perfiles a partir del tratamiento de sus datos.

-Los datos proporcionados a ARIAS AVOGADOS, S.C. se conservarán durante el tiempo que dure la relación profesional.

Dichos datos permanecerán en el sistema de tratamiento del responsable. Una vez finalizada la relación profesional, los datos personales facilitados se destruirán en el plazo de 30 días desde la fecha de finalización, salvo que por imperativo legal se tenga la obligación de conservarlos.

LEGITIMACIÓN

Consentimiento expreso del Cliente (art. 6.1 a) RGPD), y Ejecución contrato prestación de servicios (art. 6.1 a) RGPD).

DESTINATARIOS

El Cliente/Interesado/a consiente expresamente la cesión de sus datos cando sea necesario para la mejor prestación del servicio, siempre que únicamente se cedan los datos imprescindibles para tal fin. Se procederá a ceder datos del  Cliente a las entidades públicas o privadas necesarias (Gestoría e Informático), siempre y cuando sean adecuados y guarden relación con la finalidad que se persigue.

El consentimiento de cesión a terceros podrá ser revocado en cualquier momento con independencia de la prestación de servicios mediante comunicación al Responsable de Tratamiento, de acuerdo al apartado siguiente, DERECHOS.

-No se contemplan transferencias internacionales de los datos.

DERECHOS

El Cliente/Interesado/a tiene derecho a obtener el acceso a sus datos, a su rectificación o supresión, a la limitación de su tratamiento, o a oponerse al mismo, así como a la portabilidad de sus datos, solicitándolo mediante comunicación al Responsable de tratamiento, bien en el domicilio profesional en Rúa Concordia, nº1, Entlo A-B, 32003, Ourense,  en la dirección de correo electrónico: [email protected], y si no se obtiene respuesta, directamente ante la AEPD en www.aepd.es adjuntando, en ambos casos, fotocopia de documento identificativo (D.N.I., N.I.E., o Pasaporte).