A AEPD SANCIONA A UN VECIÑO DUNHA URBANIZACIÓN POLA INSTALACIÓN DUNHA CÁMARA QUE CAPTABA ZONAS COMÚNS

A Agencia Española de Protección de Datos, AEPD sanciona con trescentos euros a un veciño dunha urbanización por ter instalada unha cámara na súa propiedade que enfocaba e alcanzaba a zonas comúns do resto da urbanización.

A reclamación foi interposta por parte doutro veciño da mesma urbanización, quen manifesta na súa reclamación que a cámara que tiña instalada o seu veciño colindante enfocaba hacia o exterior e era susceptible de alcanzar zonas comúns da urbanización tales como xardíns e piscina, onde frecuentemente se atopan o resto de veciños da urbanización. Ademáis, a cámara instalada non contaba con cartel de advertencia da mesma.

A AEPD recorda na resolución deste caso, que a imaxe dunha persoa, é un dato de carácter persoal, invocando o artigo 4.1 do Reglamento General de Proteccion de Datos (RGPD). Asimesmo, fai alusión ao artigo 22 da Ley Orgánica de Protección de Datos e garantía dos dereitos dixitáis, (LOPDGDD), no que se establece que as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, poderán levar a cabo o tratamento de imaxes a través de videocámaras coa finalidade de preservar a seguridade das persoas e dos bens, así como das instalacións, sempre da forma menos lesiva e invasiva para os dereitos dos afectados/as, e sen alcanzar á vía pública, xa que esta, salvo excepcións, soamente pode ser gravada polas Forzas e Corpos de Seguridade.

Neste suposto, a AEPD tentou notificarlle o inicio do expediente sancionador ao veciño ata en tres ocasións, non presentando alegacións ao respecto. Este tipo de feitos, constitúen unha infracción do artigo 83.5a) do RGPD, sendo as sancións previstas de cuantías moi elevadas. Atendendo ás circunstancias do caso, nesta ocasión, a AEPD sancionou por importe de trescentos euros.

Non é a primeira vez que este organismo sanciona por circunstancias e feitos similares; recentemente tamén sancionou a unha veciña dunha comunidade de propietarios por ter instalada unha cámara de videovixilancia con alcance 360º na pérgola da súa terraza que alcanzaba a finca privada dunha propiedade colindante e parte da carretara pública de acceso a ditas vivendas. Neste caso, a sanción foi por importe de seiscentos euros.

Contra este tipo de resolucións únicamente cabería recurso ante a Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Nacional.

Para más información contacte con nosotros, le informamos sin compromiso en el teléfono 988 609 224 y en de******@ar***********.com

Síganos en Facebook y vea nuestro blog de protección de datos, para mantenerse informado de todas las novedades.

Arias Avogados

Comparte este artículo en tus redes
Toll Free
1-885-245-45635
New York
1-455-245-45623
Toronto
1-657-544-45623