Dende a pandemia, o auxe do teletraballo fixo que se esquecera a delgada liña que separaba a vida persoal da profesional. Moitas empresas abusaban da dispoñibilidade dos seus empregados e empregadas máis alá do seu horario laboral.
Sen embargo, analizaremos unha recente sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, de data 28 de setembro de 2023 (STSJ M 10259/2023; rec 391/2023), que invirte os papéis, sendo aquí o empresario o que sufre que non se respete o seu dereito á desconexión dixital durante o seu período vacacional. A mencionada sentencia, desestimou o recurso de suplicación interposto por unha traballadora á que despediron, entre outras razóns, por infrinxir ó dereito á desconexión dixital do seu superior xerárquico.
A traballadora, con pleno coñecemento de que o seu superior se atopaba de vacacións, non cesou na remisión de correos electrónicos, chamadas telefónicas ao teléfono persoal, envío de whatsapps, para poñer no seu coñecemento a súa disconformidade en cómo se estaba xestionando na empresa un altercado que había tido cunha compañeira de traballo. A pesar de que o seu superior, lle requeriu que cesara na súa conducta e que o xestionara coa dirección da empresa, a traballadora continuou con actitude insistente dirixíndose a este.
A traballadora alegaba no seu recurso de suplicación que o verdadeiro motivo do despido foi que había estado de baixa médica uns días antes debido ao transtorno depresivo que padece, sen embargo, os feitos da sentencia indican que a traballadora atentou contra o dereito á desconexión dixital dos seus compañeiros e do seu superior, na súa constante e repetida maneira de enviar comunicacións por varias vías, feito que chegou a perturbar o descanso dos mesmos.
O dereito á desconexión dixital atópase regulado no artigo 20 bis o Estatuto dos Traballadores, así como no artigo 88.1 da Ley Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos e garantía dos dereitos dixitáis (LOPDGDD), que establece que “Os traballadores e os empregados públicos terán dereito á desconexión dixital a fin de garantir, fora do tempo de traballo legal ou convencional establecido, o respeto do seu tempo de descanso, permisos ou vacacións, así como a intimidade persoal e familiar”
En atención ao artigo anterior, no seu deseño, enténdese que, quen debería garantir ese dereito é o empleador/a frente á persoa traballadora, polo que esta sentencia resulta novedosa, xa que curiosamente, impútase dito incumprimento non ao empleador, senón a unha traballadora.
Polo que este dereito no so afecta á relación entre cargos superiores e aos seus empregados baixo a súa responsabilidade, senón que tamén debe respetarse á inversa, considerando ao superior xerárquico un empregado máis da empresa, cuxo dereito á desconexión dixital tamén debe de ser respetado coas mesmas garantías.