O Rexistro Central de Penados, recolle as inscripción das resolucións firmes pola comisión dun delito que impoñan as penas ou medidas de seguridade, dictadas polos xuzgados ou tribunais, no orden xurisdiccional penal.
Todos os particulares condeados por sentencia firme que houberan extinguido a responsabilidade penal, teñen o dereito de obter do Ministerio de Xustiza a cancelación dos seus antecedentes, que consten no referido Rexistro, de acordo cos prazos que marca a lei, puidendo facerse de forma telemática.
Pero, ¿qué prazos marca a lei? E, sobre todo, ¿para qué delitos?
A Audiencia Nacional, Sala do Contencioso-administrativo, Sección 3ª, aclara nunha recente sentenza, de 20 de marzo de 2025, Rec. 1282/2023, que a cancelación de antecedentes penais ven determinado pola calificación da pena, non do delito.
A cancelación de antecedentes penais ven regulada no artigo 136 do Código Penal: “1. Los condenados que hayan extinguido su responsabilidad penal tienen derecho a obtener del Ministerio de Justicia, de oficio o a instancia de parte, la cancelación de sus antecedentes penales, cuando hayan transcurrido sin haber vuelto a delinquir los siguientes plazos: a) Seis meses para las penas leves. b) Dos años para las penas que no excedan de doce meses y las impuestas por delitos imprudentes. c) Tres años para las restantes penas menos graves inferiores a tres años. d) Cinco años para las restantes penas menos graves iguales o superiores a tres años. e) Diez años para las penas graves.
- Los plazos a que se refiere el apartado anterior se contarán desde el día siguiente a aquel en que quedara extinguida la pena,[…]”.
Polo que, ademáis de transcorrer uns prazos sen delinquir de novo e extinguirse a pena, deberase ter en conta a calificación do delito, de acordo co artigo 33 do Código Penal, que regula qué penas se reputan leves, menos graves e graves.
No caso enxuiciado pola Audiencia Nacional, impuxérase unha pena de localización permanente de cinco días, dúas penas de prohibición de aproximarse á víctima e de comunicación coa mesma, de seis meses cada unha, no marco dun procedemento de violencia contra a muller.
E, aínda que dúas das penas impostas eran menos graves, suxeitas por tanto ao prazo de cancelación de antecedentes de dous anos, cando se cumpliron 6 meses, o condeado solicitou a súa cancelación ao entender que o delito era leve e xa había transcorrido o prazo de cancelación, pero a Administración de Xustiza denegou a mesma.
Contra esta resolución, formula recurso, insistindo no carácter leve do delito cometido, polo que o prazo de cancelación de antecedentes é de 6 meses (para penas leves) non o de dous anos, ao entender que, ao delito leve correspóndelle aplicar unha pena da mesma natureza, leve.
Como diciamos, a Audiencia Nacional resolve aclarando que o que determina o prazo é a pena non o delito, diferenciado dous conceptos que habitualmente se confunden, a natureza das penas e a clase de delito, sendo relevante, en canto á cancelación de antecedentes, a natureza e duración das penas, con independencia da clase de delito cometido.