Convén coñecer cales son as causas que eximen para ser nomeado presidente dunha Comunidade de Propietarios, xa que, se trata dun cargo que conleva a realización dunhas función non remuneradas, tomando decisións que afectan ao resto de vecinos, como convocar e dirixir as xuntas, representar á comunidade, velar polo cumplimento das normas de convivencia, esixir o cese de actividades molestas e atender o mantemento e seguridade do edificio.
O artigo 13 da Lei de Propiedade Horizontal, LPH, recolle que “el presidente será nombrado, entre los propietarios, mediante elección o, subsidiariamente, mediante turno rotatorio o sorteo”.
En algúns edificios, pode darse a situación de que un veciño ou veciña, queira exercer durante anos como presidente/a, evitando esta responsabilidade rotatoria que recolle a lph, pero cabe resaltar que a lei menciona que será nomeado entre os propietarios/as, é dicir, ten que propoñerse e resultar votado e elixido polo resto de veciños, sendo suficiente a maioría simple dos asistentes á reunión.
Fora destes casos, o máis normal e, tamén, certamente recomendable, é que sexa nomeado por turno rotatorio ou sorteo. Decimos que é recomendable, xa que, a alternancia do exercicio da presidencia, aporta un coñecemento do que supón, que pode servir para aleccionar e adquirir criterio para poder valorar o feito por outros presidentes e presidentas, xa que opinar sen saber o que supón, é realmente moi sinxelo e lixeiro.
Se por turno ou sorteo, o propietario/a elixido como presidente pretende non exercer como tal, ten que alegar xusta causa.
A LPH, establece que “el nombramiento será obligatorio, si bien el propietario designado podrá solicitar su relevo al juez dentro del mes siguiente a su acceso al cargo, invocando las razones que le asistan para ello”.
Da norma, parece deducirse que ningún veciño/a pode renunciar ao cargo, ni tan si quera por idade avanzada, xa que a norma non contempla ningún límite.
Pero, a maiores da LPH, a Comuidade tamén se rixe polos seus estatutos, que poden recoller algún acordo que sí que recolla causas específicas que exoneren para exercer o cargo, como un límite de idade, residir no edificio, etc.
Dado que o cargo de presidencia é personal, non se pode delegar, salvo no copropietario do mesmo inmoble.
De todos modos, o resto de vecinos e veciñas, velando polo interés xeral da comunidade e polo seu funcionamento, deben de atender e valorar os motivos alegados para non exercer o cargo, xa que, en último caso, acaba perxudicando aos mesmos. En caso de non aceptarse a renuncia, a LPH regula un procedemento xudicial para que se produzca unha nova designación, debendo o propietario designado iniciar o procedemento, e mentres non se resolva, deberá de seguir exercendo como presidente/a coas responsabilidades e consecuencias propias. Na demanda, deberá de acompañar a acta do nomeamento, unha lista de todos os propietarios/as e toda proba que acredite a causa para non poder desempeñar as funcións. A resolución xudicial ditarase nun prazo máximo de 20 días dende a demanda. Estimando as causas e nomeando outro/a veciño/a presidente/a en funcións, ata que se celebre nova xunta; ou, en caso de non atender os motivos alegados, obligando a exercer o cargo de presidente no tempo que reste de mandato ata completar o ano.