A semana pasada, tivemos a oportunidade de comentar para o periódico La Región así como para a Televisión de Galicia, a noticia sobre “Instalan cámaras na cidade vella de Ourense para denunciar excesos do ocio nocturno”, onde comentábamos que ainda que se comprende a situación de indefensión sufrida polos vecinos, as gravacións deben de respetar a intimidade das persoas.
En concreto, as gravacións por parte de particulares, neste caso os veciños, de zonas públicas, pode supoñer infraccións da normativa en protección de datos (RGPD e LOPDGDD) e da Lei de Seguridade Privada.
En primeiro lugar, o que temos que analizar é a lexitimade para levar a cabo estas gravacións, sendo este punto, bastante complexo, trataremos, sucintamente, de comentar os distintos escenarios.
A vía ou zonas públicas, polo xeral, únicamente poden ser gravadas, de forma habitual, por Administracións Públicas e previamente, haber sido autorizadas pola Comisión de Garantías de Videovixilancia de Galicia. Esta autorización, debe de inciarse mediante solicitude dunha Administración Pública, dirixa á referida Comisión pero a través da Delegación do Goberno en Galicia. A solicitude, debe fundamentar e xustificar os motivos para gravar a zona pública, como poden ser, vandalismo, comisión de delitos, seguridade de polígonos industriais, etc..
Unha vez tramitada a solicitude, convócase e reúnese a Comisión, a fin de valorar e decidir, en base á ponderación de dereitos confrontados, a seguridade cidadá ou motivo alegado e a garantía e protección da intimidade das personas que poidan ser gravadas.
Decíamos que, a vía pública polo xeral non pode ser gravada de forma habitual, por quen non sexa Adminsitración Pública, porque, de forma parcial ou momentánea sí que existen supostos lexitimados.
Por exemplo, ante a comisión dun delito, posto que a inmediatez e brevedade do mesmo, pode lexitimar a gravación, así como, a ponderación entre o dereito á intimdade do delicuente e o exercicio da actividade probatoria dun delito, prima ésta última.
Si ben, temos que facer un importante recordatorio, esto sucede sólo cando é delito, é dicir, un exceso de ruido por música, por exemplo, non sería delito, senón, unha infracción administrativa, no que, xa teríamos que ir ao caso concreto para analizar si a gravación supón unha inxerencia excesiva na intimidade da persona gravada en comparación coa actividade probatoria para acreditar un incumprimento administrativo.
A xurisprudencia, nos distintos ordes xurisdiccionáis, non é unánime, especialmente en materia laboral, cando se emprega a videovixilancia como priva para un despido, e analiza caso por caso, acordando ás veces, a nulidade da proba ao ser obtida de forma ilegal (vulnerando a lei de protección de datos, por exemplo) ou entendendo que existe unha inxerencia na intimidade da persona máis grave, que a finalidade perseguida coa gravación.
A maiores dos casos descritos, pódese gravar a zona pública mínima e imprescindible para garantir a seguridade do ben a protexer, por exemplo unha entrada, un escaparate, etc..
Si ben, temos que dispoñer de un cartel informativo, colocado nunha zona que permita saber que, unha vez superado poderase ser gravado.
Finalmente, recordar que se debe de respetar o principio de finalidade do tratamento de datos, esto é, que a gravación únicamente se empregue para o fin para o que foi informado. No caso dos veciños, para acreditar a comisión dun delito, non para outra finalidade, estrivando aquí, outra problemática, ao non garantir éstes que non se empreguen para outro uso.
Para más información contacte con nosotros, le informamos sin compromiso en el teléfono 988 609 224 y en
de******@ar***********.com
Síganos en Facebook y vea nuestro blog de protección de datos, para mantenerse informado de todas las novedades.
Arias Avogados