Con motivo da recente celebración do Día Europeo da Protección de Datos, anualmente o 28 de xaneiro e, en relación co exponencial crecemento da tecnoloxía e os seus usos omnipresentes, tanto nos ámbitos públicos e privados, como individualmente no ámbito profesional e personal ou doméstico, é necesario recordar, analizar e prestar atención ás vantaxes e inconvientes que supón.
Os avances teconolóxicos que se foron incorporando ao noso día a día, á vez que supoñen unha mellora do mesmo ao incorporar maiores facilidades, proporcionalmente tamén supoñen un aumento da exposición aos riscos, tanto dende un punto de vista da seguridade (ataques informáticos, phishing, suplantacións de identidade, estafas informáticas, especialmente bancarias, etc…) como desde un punto de vista dos nosos datos de carácter personal, a nosa intimidade.
Neste senso, covén recordar que, o dereito á protección de datos é un dereito fundamental, constitucionalmente consagrado e protexido no artigo 18.4 da nosa Constitución, limitando o uso da informática (e tecnoloxía) coa garantía do respeto ao dereito ao honor, intimidade persoal e familiar de todos os cidadáns.
Por este motivo, á protección de datos, sempre será unha lexislación en permanente evolución e adaptación aos avances que se vaian producindo. Actualmente, a normativa vixente en España é o Reglamento General de Protección de Datos (RGPD) de aplicación a todos os estados membros da Unión Europea, e a Ley Orgánica de Protección de Datos y Garantía de los Derechos Digitales (LOPDGDD), sendo o órgano competente para a súa supervisión e control (e en consecuencia órgano sancionador) a Agencia Española de Protección de Datos, AEPD. Sen embargo, xa nos estamos encontrado coa próxima regulación da Intelixencia Artificial, e itos tan importantes como a constante protección dos datos da saúde, en particular a través das Historias Clínicas Electrónicas. Tamén temos que destacar o Canal Prioritario da AEPD, o cal, como o seu propio nome indica, é unha ferramenta para deter a publicación e difusión de contido especialmente sensible, sexcual, violento e/ou de menores. En relación con estas graves accións, reformouse o artigo 197.7 do Código Penal, a fin de castigar o reenvío de contido sexual, polo que agora, ademáis de poder ser condenado por un delito de revelación de secretos ou contra a intimidade, quen obteña ou capte a imaxen ou grabación e a difunda se o consentimento da vícitma, tamén podrá ser condenado quen simplemente reenvíe o contido.
Por último, en canto aos avances tecnolóxicos recentes e de uso extendido, temos que referirnos ao Block Chain, Criptomonedas e Criptoactivos, o cal merece un comentario e análise maís profundo, pola confrontación directa coa citada normativa en protección de datos, ao non contemplar un mecanismo de supresión dos datos dispoñible para o afectado, existindo o sistema de poda dos bloques da información, pero non cándo e cómo o interesado o solicita e tampocuo sen garantir a integridade dos datos de outros interesados.
Por todo o anteior, os avances e usos tecnolóxicos que traten datos de carácter persoal sempre terán que garantir o uso dos mesmos baixo uns mínimos de seguridade, informática e xurídica, adquirindo o lexislador e organismos competentes, un novo rol, xa non sólo de forma principal como supervisor, senón promotor e responsable de inculcar unha protección preventiva, esixindo un respeto á protección de datos que cumpla co principio de privacidade dende o diseño e por defecto, é dicir, que sin acción algunha o sistema, tecnoloxía ou proceso, contemple, garatnice e se decante pola privacidade dos datos do usuario/a.
Para más información contacte con nosotros, le informamos sin compromiso en el teléfono 988 609 224 y en
de******@ar***********.com
Síganos en Facebook y vea nuestro blog de protección de datos, para mantenerse informado de todas las novedades.
Arias Avogados