Galicia prohibirá o uso do móbil nos centros educativos

Esta medida aplicarase tanto nos centros públicos como concertados, a partir da volta das vacacións de nadal. Si ben, previamente, a Consellería de Educación reunirase e negociará cos centros, docentes e asociacións de pais e nais, as condicións desta medida, especialmente, si se aplica aos alumnos de 16 a 18 anos. A intención, é que non se poda empregar o móbil durante todo o tempo que o alumno/a se encontre no centro educativo, incluído o tempo de ocio, como recreos, cafetería, comedor ou actividades extraescolares organizadas polo centro.

Ademais, incorporaranse medidas de seguridade nos equipos informáticos dos centros que son usados polos alumnos/as para impedir que accedan a contidos nocivos, sexuais ou violentos.

Xa é coñecido por todos o actual uso excesivo dos teléfonos móbiles, especialmente nos menores de idade, adolescentes, e dos riscos que supón a nivel físico, mental, sexual e social, especialmente, cando existe base científica que acredita a afectación no desenvolvemento neuronal, sobre todo nos máis pequenos/as e social e sexual, nos adolescentes.

Sendo a protección dos menores de idade, un dos obxectivos principais da Agencia Española de Protección de Datos, AEPD, quen a través de campañas como “Cambia el Plan”, promove a saúde dixital dos menores a través da concienciación dos seus pais e nais. Tamén, tal e como destaca o artigo ‘Salud digital y ciberacoso’, un maior tempo de pantalla se asocia con maior risco de insomnio, de síntomas depresivos e afectación da interacción social cara a cara. Ademais, o consumo precoz de pornografía pode producir que se normalicen conductas sexuais de risco. 

O uso intensivo dos móbiles, internet, redes sociais e mensaxería instantánea

como Whatsapp, poden ser empregados para controlar, amedrentar, acosar, humillar e chantaxear a outros menores, podendo ser constitutivos estes feitos de delitos de ameazas, coaccións, acoso, etc…

En concreto, ameazar ou chantaxear con difundir imaxes ou gravacións íntimas doutra persoa así como chegar a facelo, sen o seu consentimento pode ser delito ao igual que simplemente reenviar este contido, de acordo co artigo 197 do Código Penal, relativo a los delitos de descubrimento e revelación de segredos: «Se impondrá la pena de multa de uno a tres meses a quien habiendo recibido las imágenes o grabaciones audiovisuales a las que se refiere el párrafo anterior las difunda, revele o ceda a terceros sin el consentimiento de la persona afectada».

Hai que recordar que, ademais da consecuencia penal, estas conductas poden derivar en multas por protección de datos e indemnizacións ás vítimas ou afectados/as. E, no caso de menores de idade, maiores de 14 anos, aplícaselle a Lei Orgánica reguladora da responsabilidade penal do menor que, en lugar das penas polos delitos se lle impoñerán medidas socio educativas, pero serán os pais e nais, quen asuman as multas de protección de datos e indemnizacións polos danos e perxuizos causados.

Para a retirada deste contido de forma urxente, a AEPD, conta co Canal Prioritario (https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/nuevaReclamacion.jsf?QID=Q600&ce=0).

Para más información contacte con nosotros, le informamos sin compromiso en el teléfono 988 609 224 y en de******@ar***********.com

Síganos en Facebook y vea nuestro blog de protección de datos, para mantenerse informado de todas las novedades

Comparte este artículo en tus redes
Toll Free
1-885-245-45635
New York
1-455-245-45623
Toronto
1-657-544-45623