Dende a entrada en vigor da Lei 17/2021, de 15 de decembro, de modificación do Código Civil, a Lei Hipotecaria e a Lei de enxuiciamento Civil, sobre o réxime xurídico dos animaís, estes, deixaron de considerarse “cousas” e pasaron a ser “seres sentintes”.
Esta modificación normativa, provoca que se teña en consideración aos animáis noutros ámbitos. Así, a inclusión das mascotas nas herencias, tomou relevancia xurídica e cada vez é “menos raro”, atopar este tipo de disposicións nos testamentos.
O testamento é un documento onde a persoa establece as súas disposicións de última vontade sobre o seu patrimonio, para despóis do seu falecemento. No que respecta aos animáis de compañía, -como resulta lóxico-, non se poden ordear disposicións testamentarias nas que se lles intitúa como beneficiarios do patrimonio do testador ou testadora, posto que non son suxeitos de dereito e, polo tanto, non poden sen nomeados legatarios ou ser instituidos herdeiros, pero sí é posible tomar medidas que aseguren o coidado e benestar futuro do animal de compañía.
A persoa testadora pode incluir,-sempre que sexa o dono ou dona do animal- entre as disposicións testamentarias de última vontade, o destino do seu animal de compañía, tales como, nomear a unha persoa de confianza que será a responsable do animal tras o falecemento do testador; Institución de herdeiros/as ou legados en favor dunha persoa coa condición de coidar da mascota. O testador/a podería legar diñeiro ou bens, coa condición resolutoria de que se responsabilice do coidado e benestar, podendo perder a condición de herdeiro/a ou legatario no caso de non cumprir. Neste caso, poderíase nomear a un albacea coa finalidade de que se encargue de garantir o coidado da mascota por parte do legatario ou herdeiro. Por último, tamén existe a posibilidade de deixar o animal a cargo de asociacións ou institucións que garanticen o coidado do animal, destinando o testador parte do seu patrimonio (habitualmente diñeiro).
Como vimos anteriormente, podemos deixar establecido en testamento o futuro da nosa mascota pero, ¿E se no noso testamento non nos pronunciamos ao respecto?
O artigo 914 bis do Código Civil, contempla que, nun principio, se entregarán aos herdeiros ou legatarios. Si estos son varios e existe conflicto en relación a quen se queda o animal, será a autoridade xudicial quen decida.
No caso de que ningún dos herdeiros queira facerse cargo, o órgano competente en cada caso, poderá cedelo a un terceiro ou institución que vele polo coidado do animal.
A inclusión dos animáis de compañía nos testamentos é un claro reflexo dun cambio cultural e social na percepción da figura dos animáis de compañía nas nosas vidas. A evolución lexislativa avanza hacia un maior recoñecemento xurídico dos animáis como seres “sentintes” e non como meras cousas. Convírtense así os testamentos en ferramentas para garantir o coidado e benestar tras o falecemento do dono-a do animal.
É de xustiza velar polo benestar destes animáis, que tanto ben aportan ás persoas e á sociedade.