O risco do “sharenting” en menores de idade

O termo sharentig, provén do inglés e da unión de share (compartir) e, parentig
(paternidade) e refírese á práctica de compartir por parte dos proxenitores imaxes dos
seus fillos e fillas, menores de idade, en redes sociais ou calquera outra vía online.
A época vacacional, xa chegou ao seu fin, pero esta é na que máis exposición se fai de
imaxes, lugares, ubicacións e máis información persoal se expón en redes sociais, o que
xa non só afecta á nosa intimidade, senón á seguridade dos nosos bens, posto que
podemos dar pistas de que a nosa vivenda, por exemplo, se atopa baleira.
O certo é que na actualidade, a cantidade de redes sociáis que están presentes no noso
día a día e que usamos, mostran esta práctica como algo totalmente normal, xa que os
profesionáis de creación de contido ou os/as influencers, son a mostra perfecta, xa que
un porcentaxe ínfimo é o que non amosa a vida persoal da súa familia e, especialmente,
á dos seus fillos e fillas, menores de idade, senón que ocorre todo o contrario. Cantidade
de influencers utilizan a imaxe dos seus fillos/as en publicacións con fins publicitarios
ou comerciáis e, cada vez son máis as marcas, as que buscan marketing a través dos
menores, fillos e fillas de influencers, porque esas publicacións teñen un maior impacto
en redes que si o proxenitor/a aparece só na imaxe. O público espera e busca ese
contido, pero é importante darse conta de que se está expoñendo a imxen e a vida dunha
persoa, que goza, dende que nace, do seu dereito á intimidade, pero iste é exercido
mentres son menores polos seus proxenitores, sen reparar en moitas ocasións, nos danos
que se lle poden causar.
O feito de publicar a imaxe dun/dunha menor en redes, implica deixar unha pegada
dixital de por vida para eles, coa que a futuro poden non verse identificados/as, podendo
afectar ao desarrollo da súa personalidade. Cantidade de perfís en redes sociáis mostran
o día a día destos menores, situacións familiares habituáis, patoloxías que padecen,
comportamentos e, ata incluso, moitas veces, xa antes de nacer, circula por redes a súa
ecografía. Esta sobreexposición pode poñer en risco aos menores, pois as publicacións
poden chegar por exemplo a unha audiencia non desexada, como poder ser un perfil
pedófilo que utilice o contido publicado polos propios pais do/da menor, que a priori
pode parecer unha imaxe inocente, pode convertirse en contido erótico para os ollos dun
depredador sexual.
É canto menos, un tema moi controvertido sobre o que se podería ter un amplo debate
no que se analizase a “rentabilidade” de compartir iste contido e os perxuicios que se lle
poden causar ao menor e o impacto no seu futuro.
Actualmente nin a normativa de protección de datos de carácter persoal nin ningunha
outra normativa, ofrece cobertura xurídica a estes menores e polo tanto non se pode
garantir o respecto pleno aos seus dereitos, residindo nos seus proxenitores ou titores, a
responsabilidade de velar polos mesmos.

Comparte este artículo en tus redes
Toll Free
1-885-245-45635
New York
1-455-245-45623
Toronto
1-657-544-45623