¿Poden os pais e nais consultar as notas dos fillos/as maiores de idade?

Coa próxima finalización do curso escolar, surxe a dúbida de si os país e nais, poden consultar as notas e calificacións dos seus fillos e fillas e, por contrapartida, se os colexios e centros educativos poden facilitar as referidas calificacións.

A raíz da consulta feita por un dos nosos clientes, un centro educativo, parécenos interesante abordar a cuestión sobre o acceso ás notas por partes dos país e nais respecto aos seus fillos e fillas maiores de idade.

Ao respecto xa se pronuncio a Axencia Española de Protección de Datos, AEPD, quen respondeu  á mesma cuestión plantexada por unha Universidade. A Axencia conclúe que, cando o acceso aos datos solicitados (notas, becas, asistencia, etc) sexa necesario para satisfacer o interés lexítimo dos proxenitores, éstes podrán acceder aos mesmos.

O concepto de interés lexítimo debe de ser intepretado en cada caso concreto. E, no ámbito educativo por exemplo, temos que acudir ás circunstancias paterno-filiais, como é a dependencia económica, a pesar da maioría de idade, si os proxenitores, sufragan vivenda, alimento, e, sobre todo, o pago de matrícula, que non deixa de ser un contrato co centro. A depencia económica interprétase en sentido amplio, independientemente da forma e concepto, por exemplo, a través da pensión de alimentos en caso de custodia monoparental.

De todos modos, temos que recordar que, a matrícula, e demáis datos do alumno/a dos que dispón o centro educativo, son datos de carácter personal aos que se lles aplica a normativa na materia de protección de datos, RGPD e LOPDGDD, polo que, o seu tratamento, debe de respetar a citada lexislación. Neste senso, o exercicio de dereito de acceso polos proxenitores ten que respetar, entre outros, o principio de minimización de datos.

Por estas cuestión os centros educativos están obrigados a designar a un Delegado/a de Protección de Datos, DPD, debido á complexidade no tratamento de datos por parte dos centros educativos, tendo en conta que conflúen datos de menores e maiores de idade, posiblemente datos da saúde, incluso relixiosos, económicos, etc.. e a especial relación cos proxenitores, réximen de custodia e demáis circunstancias, así como, os protocolos de acoso, sexting, e o uso da ferramenta proporcionada pola AEPD, do Canal Prioritario para a retirada urxente de contido especialmente violento ou sexual publicado sin consentimento.

Pero, si o fillo/a ,maior de idade é independiente económicamente unido a non existir xa patria potestade ao alcanzar a maioría de idade, debería de valorarse as circunstancias concretas para determinar si os país e nais, ostentan interese lexítimo que prevalezca sobre os dereitos do fillo/a, ou viceversa.

Para más información contacte con nosotros, le informamos sin compromiso en el teléfono 988 609 224 y en de******@ar***********.com

Síganos en Facebook y vea nuestro blog de protección de datos, para mantenerse informado de todas las novedades.

Comparte este artículo en tus redes
Toll Free
1-885-245-45635
New York
1-455-245-45623
Toronto
1-657-544-45623