A AEPD aclara que a normativa de Protección de Datos, aplicará sempre e cando o garaxe no que se pretende instalar a cámara se atope nun espazo compartido por onde poidan circular terceiros/as e outros propietarios/as ou usuarios das instalacións. Nestos casos, a cámara que se instale únicamente poderá gravar a praza de garaxe en cuestión e en ningún caso outras prazas, a vía pública, zonas de acceso, terreos colindantes, etc.
Naquelas situacións, nas que resulte necesario gravar unha mínima franxa de zona común, deberá de solicitarse autorización á Comunidade de Propietarios/as, previa á instalación, debendo ser este un acordo sometido a votación por parte dos propietarios/as. A instalación poderá ser autorizada, sen perxuicio doutra normativa sectorial que puidera resultar de aplicación.
Respecto á visualización das imáxenes e ao acceso ao sistema de grabación, únicamente accederá o responsable do sistema de gravación e responsable da instalación da cámara, polo tanto, o titular da praza de garaxe na que se instale a cámara.
No caso de que a instalación fora comunitaria, aquí o dereito a acceder e visualizar o sistema de gravación, ostentaríao a Comunidade, o seu representante ou a persoa designada para elo a tal efecto.
O sistema de gravación ubicarse nun lugar seguro e de acceso restrinxido e respecto á conservación das imáxenes estarase ao disposto na normativa, non podendo almacearse durante máis de un mes e, transcurrido dito prazo, procederase ao seu borrado.
As imáxenes que resulten necesarias para a denuncia de comisión de delitos ou infraccións, poderanse conservar durante un prazo superior ao mes para a sua posta a disposición ante as Forzas e Corpos de Seguridade ou ante o Xuzgado, non podendo utilizarse para outro fin distinto.
No caso de que sexan estos organismos os que requiran as imaxes, dentro do marco de actuación policial ou xudicial, para poder ceder ditas imaxes aos órganos xudiciáis, deberán solicitado mediante un documento de cesión que acredite esa necesidade.
Seguindo as directrices da Agencia Española de Protección de Datos, AEPD, e velando polo cumprimento normativo, é posible a instalación dunha cámara con fins de seguridade un elemento privado como o é unha praza de garaxe, sempre que non se extralimite dita gravación e afecte a terceiros/as.