SANCIÓN A UNHA EMPRESA POR DIVULGAR DATOS PERSOAIS

Sanción da AEPD a unha empresa por identificar datos persoáis nun procedemento de Acoso Laboral

A Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) fai unha enorme labor de concienciación en todos os ámbitos, tamén no laboral, no que xa ten publicado guías e recomendacións respecto ao tratamento de datos persoáis dos traballadores e traballadoras e, cómo un incorrecto ou mal uso dos mesmos, pode acarrear consecuencias para as empresas.

Foi o que lle aconteceu a unha empresa do sector funerario, a cal foi sancionada cunha multa de 200.000 euros por desvelar e difundir datos persoáis de varios dos seus traballadores-as.

Todo elo débese a que a empresa, activou o Protocolo de Acoso Laboral –obrigatorio para todas as empresas que teñan traballadores-as-, debido á denuncia interna dunha situación de acoso sufrida por varias traballadoras, sendo un total de cinco denunciantes.

Unha vez que a empresa recibe e conclúe toda a investigación, envía un correo electrónico ao Comité de Empresa, adxuntando as denuncias e resolucións correspondentes a cada procedemento, incluido datos persoáis tanto das persoas que denunciaron a situación de acoso, como das persoas denunciadas por estas, as cales eran un total de dez. Entre estos datos, atopábanse nome e apelidos, DNI e incluso, o posto de traballo de cada unha destas persoas. A posteriori, este correo electrónico tamén foi enviado a outros membros do persoal, alcanzando a un total de quince destinatarios.

Esta filtración indebida de datos, tivo consecuencias inmediatas e graves, para as persoas implicadas, derivando en baixas médicas por ansiedade dende o mesmo día en que suceden os feitos, afectando tamén ao ambiente laboral de maneira negativa.

A empresa argumentaba que “todos sabían quenes eran” e que “non se había pedido expresamente o anonimato”. A AEPD é clara, compartir a identidade de quenes participan nun procedemento de acoso laboral, vulnera a confidencialidade e polo tanto o artigo 5.1 f) do Reglamento Xeral de Protección de Datos (RGPD). Ademáis, a AEPD, argumenta tamén a falta de base legal (artigo 6 RGPD) para divulgar dita información, constituindo unha infracción grave.

Finalmente a empresa viu reducida a sanción a 120.000 euros, tras haber recoñecido a súa responsabilidade e haber aboado voluntariamente o pago, beneficiándose dunha reducción do 40% da sanción de acordo ao artigo 85 da Ley 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Como dato relevante, esta empresa xa fora sancionada anteriormente por outra cesión indebida de datos cunha sanción de 80.000 euros. Este dato pon de manifesto a falta de concienciación e a mala praxis xeralizada que existe a día de hoxe entre as empresas, sexa do sector que sexa.

Situacións coma estas, fannos ver a necesidade imperiosa de que as empresas implementen protocolos rigurosos e esixentes que velen polo cumprimento normativo e pola salvagarda dos datos persoáis e da confidencialidade. A falta de implementación de este tipo de medidas non só expón ás empresas a sancións elevadísimas, senón que tamén pode dañar a reputación da organización e a confianza das persoas traballadoras da mesma.

Garantir a seguridade da información e a confidencialidade, non é unha opción para as empresas, senón que debe ser unha responsabilidade prioritaria.

 

 

 

Comparte este artículo en tus redes
Toll Free
1-885-245-45635
New York
1-455-245-45623
Toronto
1-657-544-45623
Resumen de privacidad

RESPONSABLE 

ARIAS AVOGADOS, S.C.

N.I.F.: J-42.739.680

Dirección: Rúa Concordia, nº1, Entlo A-B, 32003, Ourense.

Teléfono: 988 609 224

Correo Electrónico: [email protected]

FINALIDAD

ARIAS AVOGADOS, S.C. tratará los datos de sus clientes/usuarios con la finalidad de incorporarlos al sistema de tratamiento del que es responsable y llevar a cabo la prestación de los servicios propios de un despacho de abogados.

-No existirán decisiones automatizadas ni se elaborarán perfiles a partir del tratamiento de sus datos.

-Los datos proporcionados a ARIAS AVOGADOS, S.C. se conservarán durante el tiempo que dure la relación profesional.

Dichos datos permanecerán en el sistema de tratamiento del responsable. Una vez finalizada la relación profesional, los datos personales facilitados se destruirán en el plazo de 30 días desde la fecha de finalización, salvo que por imperativo legal se tenga la obligación de conservarlos.

LEGITIMACIÓN

Consentimiento expreso del Cliente (art. 6.1 a) RGPD), y Ejecución contrato prestación de servicios (art. 6.1 a) RGPD).

DESTINATARIOS

El Cliente/Interesado/a consiente expresamente la cesión de sus datos cando sea necesario para la mejor prestación del servicio, siempre que únicamente se cedan los datos imprescindibles para tal fin. Se procederá a ceder datos del  Cliente a las entidades públicas o privadas necesarias (Gestoría e Informático), siempre y cuando sean adecuados y guarden relación con la finalidad que se persigue.

El consentimiento de cesión a terceros podrá ser revocado en cualquier momento con independencia de la prestación de servicios mediante comunicación al Responsable de Tratamiento, de acuerdo al apartado siguiente, DERECHOS.

-No se contemplan transferencias internacionales de los datos.

DERECHOS

El Cliente/Interesado/a tiene derecho a obtener el acceso a sus datos, a su rectificación o supresión, a la limitación de su tratamiento, o a oponerse al mismo, así como a la portabilidad de sus datos, solicitándolo mediante comunicación al Responsable de tratamiento, bien en el domicilio profesional en Rúa Concordia, nº1, Entlo A-B, 32003, Ourense,  en la dirección de correo electrónico: [email protected], y si no se obtiene respuesta, directamente ante la AEPD en www.aepd.es adjuntando, en ambos casos, fotocopia de documento identificativo (D.N.I., N.I.E., o Pasaporte).