Esta é unha pregunta que xenera moitas dúbidas a aquelas persoas empregadas que, tras un proceso de incapacidade temporal máis ou menos longo, reciben a alta médica, por melloría ou curación. Como regla xeral, si se recibe un parte de alta médica, este determina que a persoa está apta para volver ao posto de traballo e, polo tanto, ten a obriga de reincoporarse ao mesmo, pero veremos algunas excepcións.
A resposta á pregunta que plantexamos atopámola no Real Decreto 625/2014 de data 18 de xullo, que establece no seu artigo 5, que a alta médica extinguirá o proceso de incapacidade do traballador con efectos laboráis do día seguinte ao da súa emisión, sin perxuicio de que o referido servizo público, no seu caso, siga prestando ao traballador a asistencia sanitaria que estime conveniente. Non obstante, existen excepcións: en primeiro lugar, si a alta médica é emitida por unha mutua ou empresa colaboradora en procesos derivados de continxencias profesionáis con anterioridade ao agotamento do prazo de 365 días de incapacidade temporal.
O traballador ou traballaldora, non deberá incorporarse ao posto de traballo se procedeu a impuganar a alta médica, de acordo ao artigo 4 do Real Decreto 1430/2009 de 11 de setembro, que regula o procedemento administrativo especial de revisión da alta médica emitida polas entidades colaboradoras, en procesos de incapacidade derivados de continxencias profesionáis antes do agotamento do prazo de 365 días. A persoa interesada, ten un prazo de 10 días hábiles tras a emisión do parte de alta médica para impugnar a mesma.
Si a persoa traballadora inicia este procedemento, suspenderanse os efectos da alta médica, debendo entenderse prorrogada a situación de incapacidade temporal, polo que a persoa non terá que reincorporarse ao posto de traballo ao día seguinte, sempre e cando, impugne a alta médica. En segundo lugar, a alta médica pode ser emitida polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), tras agotarse os 365 días de incapacidade temporal. Neste caso, si a persoa interesada inicia o proceso de disconformidade coa alta médica por curación, melloría ou por incomparecencia inxustificada aos recoñecementos médicos emitida pola Inspección médica do INSS, tampouco tería que incorporarse ao posto de traballo, de acordo cos artigos 170.3 Ley Reguladora da Xurisdicción Social e artigo 3 do Real Decreto 1430/2009.
Para este proceso de disconformidade coa alta médica, a persoa interesada, conta co prazo de catro días naturáis dende a alta médica para alegar os motivos polos que considera que non procede a alta médica, quedando prorrogada a incapacidade durante o período de tempo que transcorre entre a data de alta médica e aquela en que a mesma adquira plenos efectos.
A normativa contempla que o traballador ou traballadora que se vexa nesta situación, debe comunícalo á empresa o memo día en que presente dita disconformidade ou no seguinte día hábil.
O resto de situacións, non eximen ao traballador ou traballadora da posibilidade de impugnar, polos cauces procesáis pertinentes a alta médica, pero non supenderá a obriga de reincorporarse ao posto de traballo, podendo a persoa traballadora, cometer unha falta laboral ou incluso supoñer, a non asistencia ao posto de traballo, unha causa de despido disciplinario, polo que é importante recordar os cauces expostos ante unha situación de alta médica.