Con motivo do vindeiro Día das Letras Galegas, mércores 17 de maio, que se adicará ao intelectual e fundador da editorial Galaxia, Francisco Fernández del Riego, parece oportuno recordar o uso do galego en materia de protección de datos.
En España actualmente existen tres axencias autonómicas, autoridades de control, en protección de datos: a Autoridad Catalana de Protección de Datos, a Axencia Vasca de Protección de Datos e o Consello de Transparencia e Protección de Datos de Andalucía. Galicia, aínda non dispón de autoridade de control autonómica propia. Cabe mencionar a AMTEGA, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia, e que ten como obxetivos básicos a definición e execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia no campo das tecnoloxías da información, da comunicación e a innovación tecnolóxica.
En canto ao uso do idioma, a Axencia Española de Protección de Datos, AEPD, xa se pronunciou en varias resolucións, aplicando o artigo 13 do RXPD, o cal recolle o deber de informar, entendendo que, por exemplo, as políticas de privacidade que aparecen nas páxinas web, deben figurar nun idioma oficial en España, sin perxuizo de que poida complementarse con outros idiomas, pero debe de ser accesible e comprensible ao público ao que se dirixe. Este deber de informar tamén se completa coas esixencias de que o linguaxe empregado, sexa adecuado para o usuario obxetivo, tendo en conta a idade e nivel de coñecemento.
A AEPD, fai mención á oficialidade do idioma, para o cal, temos recorrer ao Estauto de Autonomía de Galicia, que recolle o galego como lingua propia de Galicia e cooficial da Comunidade, indicando que todos teñen o dereito de coñecela e usala. De igual modo, responsabiliza aos poderes públicos da normalización lingüística do galego en todos os ámbitos, concretándose a través da Lei de normalización lingüística, especialmente nos ámbitos da Administración, educación e dos medios de comunicación.
Posteriormente a esta lei, aprobáronse varios decretos que, completaron o marco legal tendente a asegurar a recuperación do galego na Administración Pública e xudicial.
En aplicación desta lexislación, a Administración local e autonómica están obrigadas a empregar o galego en todos os documentos oficiais, o cal, non se fai por todas e deixa de manifesto que a igualdade xurídica co castelán non é plena.
Esto, unido co anterior deber de informar, conleva que, as Administracións Públicas galegas, como Responsables de Tratamento, cando emitan unha resolución, como unha respota ante un exercicio de dereitos por exemplo, deberían de facelo en galego, e cando polo caso concreto, o destintario/a da resolución se poida entender que non é galegofalante ou se houbera dirixido en castelán, resolver tamén en castelán. De igual modo, e de xeito extensivo, entendemos que se debería de actuar igual nas políticas de privacidade das páxinas web oficiais, Rexistros de Actividade de Tratamento, etc…
A maiores das dificultes no sector das administracións públicas, as mesmas tamén existen no ámbito xudicial, e con este obxetivo, o 21 de xuño 2008 celebrouse no mosteiro de Celanova a constitución da Irmandade Xurídica Galega, asociación composta por persoal xudicial a outros profesionais do Dereito, dispostos a dinamizar a actividade xudicial para o uso do galego, especialmente nos procedementos xudiciais.
Para más información contacte con nosotros, le informamos sin compromiso en el teléfono 988 609 224 y en de******@ar***********.com
Síganos en Facebook y vea nuestro blog de protección de datos, para mantenerse informado de todas las novedades.